saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes celebrada, o 15 de novembro de 2019

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 15 de novembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 58030 (10/PNC-004630)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos terreos forestais particulares que polo seu estado de abandono supoñan un elevado risco de propagación do lume
BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstención.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que promova a declaración de perímetros de alto risco e realice as actuacións preventivas pertinentes naqueles casos nos que o nivel de risco de propagación do lume sexa elevado."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 57168 (10/PNC-004538)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilar Chento, Óscar e Pérez Seco, José Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos procesos de concentración parcelaria do monte na zona denominada Gonzar II e nas parroquias de Arca e Pereira, no concello do Pino
BOPG n.º 547, do 16.10.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada coa emenda do G. P. Popular de Galicia (doc. núm. 58875) pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que remate as obras no ano 2020 do proceso de concentración parcelaria da zona de Gonzar II, no concello do Pino, así como estudar as futuras solicitudes de procesos de restructuración parcelaria."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 57959 (10/PNC-004624)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co convenio asinado coa Fegamp e Seaga para a xestión da biomasa nas faixas secundarias, para a prevención dos incendios forestais
BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a incluír no convenio de xestión de faixas secundarias una modalidade de actuación para que o sistema público de xestión da biomasa poida realizar como mínimo 5 Ha. de actuacións subsidiarias a petición de calquera concello adherido."
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina