saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 22 de novembro de 2019


A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 22 de novembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 50139 (10/PNC-004061)
Grupo Parlamentario de En Marea
Miranda Pena, Flora María e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre a defensa polo Goberno galego da necesidade de elaborar mecanismos de protección dos fondos mariños de Galicia, co fin de evitar a súa explotación incontrolada para a obtención de recursos mineiros que poidan poñer en risco a pesca e a sostibilidade medioambiental
BOPG n.º 483, do 05.06.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes e con dereito a voto.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a defender a necesidade de elaborar mecanismos de protección dos fondos mariños de Galicia co obxectivo de evitar a súa explotación incontrolada para a obtención de recursos mineiros que poidan poñer en risco a nosa pesca e sustentabilidade medioambiental."
 
- 55224 (10/PNC-004387)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para o incremento das posibilidades de pesca do bonito e o alongamento da campaña desta especie, cando menos, ata o mes de setembro
BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes e con dereito a voto.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do goberno Central que:
 
-Utilice os datos nos que aprecia que o bonito se atopa en boa situación biolóxica para reivindicar un incremento das posibilidades de pesca para esta especie.
 
-Estude unha mellor xestión e reparto de cota que posibilite alongar a campña de bonito, canto menos, ata o mes de setembro."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina