A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 26 de novembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 57728 (10/PNC-004599)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e oito deputados/as máis
Sobre o recoñecemento pola Xunta de Galicia das festas parroquiais galegas como patrimonio inmaterial de Galicia, na categoría de ben de interese cultural
BOPG n.º 552, do 23.10.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que recoñeza ás festas parroquiais galegas como Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia na súa categoría de Ben de Interese Cultural."