A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 27 de novembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 56288 (10/PNC-004473)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo Goberno galego en relación co desenvolvemento da Lei 5/2007, de emerxencias de Galicia, así como a diminución dos actuais tempos de resposta do servizo de extinción de incendios e salvamento nos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Moraña, Ponte Caldelas e A Lama, e nas demais zonas de sombra
BOPG n.º 540, do 02.10.2019
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Desenvolver a lei de emerxencias en todas aquelas cuestións pendentes de planificación e desenvolvemento normativo.
2. Estudar e acordar coa Deputación de Pontevedra e cos concellos unha proposta para prestar con garantías o servizo de extinción de incendios e salvamento nos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Ponte Caldelas, A Lama e Moraña, reducindo sensiblemente os actuais tempos de resposta.
3. Estudar e acordar solucións semellantes na resto de zonas de sombra nas que os tempos de resposta superan os 20 minutos.”
- 57734 (10/PNC-004601)
Grupo Parlamentario Mixto
Villares Naveira, Luis e 3 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa discriminación laboral que padecen as mulleres deportistas polo seu embarazo e as demandas que debe realizar ao Goberno central ao respecto
BOPG n.º 552, do 23.10.2019
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Realizar unha campaña de concienciación entre as federacións deportivas de Galicia co obxectivo de que inclúan estes comportamentos discriminatorios contra as mulleres deportistas (cláusulas antiembarazo) como censurables nos seus códigos de boas prácticas, dentro do seu réxime de financiamento e relacións de partenariado, patrocinio e esponsor, poñendo en valor así mesmo nesta campaña, o dobre esforzo realizado polas mulleres deportistas que deciden ser nais ao longo da súa carreira deportiva, conquerindo así un maior apoio dos patrocinadores e sponsors.
2. Dirixirse ao Goberno do Estado para promover as modificacións oportunas na lexislación estatal, co obxecto de recoller as posibles solución ás demandas actuais en relación coa dualidade deporte federado e maternidade en tódolos seus ámbitos, especialmente no referido ás cláusulas antiembarazo."