saltar ao contido

Santalices asiste no Senado á entrega dos premios “Montero Ríos” e “Iurisgama”, concedidos pola Asociación de Xuristas Galegos en Madrid

Santiago, 28 de novembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asistiu este mediodía no Senado ao acto de entrega dos XVIIII Premios “Montero Ríos” e “Iurisgama”, concedidos, respectivamente, ao catedrático de Dereito Mercantil José Manuel Otero Lastres, e ao que fora presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e posteriormente maxistrado do Tribunal Supremo, Jesús Souto Prieto.
 
O acto, celebrado no Salón dos Pasos Perdidos do Senado, foi presidido polo presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas. A apertura do acto correu a cargo da vicepresidenta primeira do Senado, Cristina Narbona.
 
A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid está presidida por Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid e abogado.
 
Santalices Vieira trasladou a súa noraboa aos galardoados nesta edición  e felicitouse pola vitalidade das diferentes organizacións que aglutinan aos profesionais galegos que exercen en Madrid.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina