Santiago, 1 de maio de 2020.- As bandeiras ondean a media asta no Parlamento de Galicia, desde este venres, 1 de maio, en sinal de loito polas vítimas mortais da pandemia provocada polo coronavirus COVID-19.
A medida enmárcase na declaración de loito oficial na Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 e 31 de maio de 2020 por mor dos pasamentos provocados como consecuencia da pandemia do coronavirus COVID-19.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.