Santiago, 5 de outubro de 2020.- O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria Anual da Fiscalía Superior correspondente ao exercicio de 2019.
Coa entrega da Memoria Anual de 2019 da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia dase cumplimento ao artigo 11.2 do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. O trámite de hoxe terá continuidade, previsiblemente, cunha futura comparecencia do fiscal superior de Galicia na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Parlamento de Galicia.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.