A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 20 de outubro de 2020, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de outubro de 2020, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Solicitudes de creación de comisións de investigación
1.1 Das deputadas e dos deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para analizar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos, co obxecto de rematar os traballos realizados na IX lexislatura e retomados sen conclusión na X lexislatura (doc. núm. 2616, 11/SCI-000002)
1.2 Das deputadas e dos deputados do G.P. Popular de Galicia, para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos, co obxecto de rematar os traballos realizados na IX e X Lexislatura (doc. núm. 3391, 11/SCI-000003).
Punto 2. Comparecencias
2.1 1411 (11/CPP-000005)
Do Sr. conselleiro de Facenda e Administración Pública, por petición propia, para informar das previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12, do 08.09.2020
2.2 1417 (11/CPP-000011)
Da Sra. conselleira de Política Social, por petición propia, para informar das previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12, do 08.09.2020
Punto 3. Mocións
3.1 3196 (11/MOC-000002)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto da covid-19 nas residencias privadas de persoas maiores. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 1435, publicada no BOPG n.º 15, do 16.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 06.10.2020)
3.2 3383 (11/MOC-000003)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto da covid-19 no ensino. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 961, publicada no BOPG n.º 11, do 04.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 06.10.2020)
3.3 3395 (11/MOC-000004)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos incendios forestais. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 1966, publicada no BOPG n.º 19, do 22.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 06.10.2020)
3.4 3396 (11/MOC-000005)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de reactivación do sector cultural fronte aos efectos da covid-19. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 828, publicada no BOPG n.º 11, do 04.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 06.10.2020)
3.5 3397 (11/MOC-000006)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luís Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos problemas detectados na implementación do protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 465, publicada no BOPG n.º 9, do 02.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 06.10.2020)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 728 (11/PNP-000036)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Porro Martínez, María Corina e 13 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España dos cambios normativos necesarios na lexislación orgánica en materia de saúde pública para poder actuar ante a pandemia da covid-19 con plenas garantías e seguridade xurídica
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
4.2 850 (11/PNP-000056)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 14 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que se restablezan todos os servizos de tren que foron suprimidos amparándose na pandemia provocada pola covid-19, tanto nas conexións interiores na propia comunidade galega como nas conexións de Galicia con outras comunidades autónomas, e para que se lles poida ofrecer un transporte de tren de calidade aos usuarios
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
4.3 966 (11/PNP-000072)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co previsible inicio das competicións deportivas federadas non profesionais en Galicia e as exixencias sanitarias derivadas da covid-19
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 04.09.2020
4.4 2375 (11/PNP-000231)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa situación de Alcoa en San Cibrao, a aprobación dun estatuto do consumidor electrointensivo e a creación dunha tarifa eléctrica galega.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
4.5 2403 (11/PNP-000235)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación cos servizos ferroviarios suprimidos con motivo do estado de alarma e a modernización e mellora da rede ferroviaria de Galicia, así como as actuacións que debe levar a cabo en materia ferroviaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
4.6 2469 (11/PNP-000244)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 2 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de posibilitar a reversión aos concellos da titularidade dos terreos portuarios, cando o seu uso para fins relacionados co porto sexa residual ou inexistente e sexan susceptibles de utilización municipal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
Punto 5. Interpelacións
5.1 1686 (11/INT-000092)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa garantía da asistencia sanitaria á cidadanía
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
5.2 2246 (11/INT-000129)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago
Sobre a política do Goberno galego en relación coa distribución das transferencias non finalistas aos concellos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
5.3 2817 (11/INT-000163)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a política do Goberno galego en relación coa contratación de profesionais sanitarios para afrontar a covid-19
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 3401 (11/POPX-000005)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sobre a valoración que fai o Goberno galego do Auto ditado pola Audiencia Nacional o día 1 de outubro de 2020, respecto da fusión das caixas de aforro
6.2 3402 (11/POPX-000006)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Sobre as actuacións previstas para blindar as residencias de persoas maiores
diante da covid-19
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 2603 (11/POP-000318)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego da ruptura das negociacións para a venda das plantas de Alcoa na Mariña lucense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
7.2 3398 (11/PUP-000076)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Seco García, Martín
Sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia diante da crise da planta de Alcoa en San Cibrao
7.3 3399 (11/PUP-000077)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre as intencións da Xunta de Galicia respecto do uso de todas as súas competencias para facer respectar os acordos de mantemento da actividade, emprego e investimentos nos centros de XEAL-Ferroatlántica de Cee e Dumbría e nas centrais hidroeléctricas
7.4 925 (11/POP-000272)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre as medidas concretas que adoptou a Xunta de Galicia para axudar os traballadores afectados por un ERTE
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 2.09.2020
7.5 1591 (11/POP-000124)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis
Sobre as razóns da ligazón da área de Igualdade á de Emprego na nova consellaría creada na Xunta de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
7.6 2839 (11/POP-000343)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para defender os postos de traballo da empresa Maderas Iglesias, do Porriño
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
7.7 721 (11/POP-000227)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Porro Martínez, María Corina e 6 máis
Sobre cal é a avaliación do funcionamento, a actividade e o resultado das medidas de prevención da covid-19 implantadas a través da creación do rexistro de viaxeiros
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 2.09.2020
7.8 2645 (11/POP-000312)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre as actuacións xudiciais que se están a levar a cabo no Centro Tecnolóxico da Carne
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
7.9 2680 (11/POP-000319)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre a posición do Goberno galego respecto da ampliación dos servizos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia ás fins de semana e festivos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2020
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente