A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 16 de outubro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de elección, designación e proposta
nomeamento
Elección membros da Mesa
Elección de vicepresidente
- 2730 (11/CEEM-000021)
Don José Alberto Pazos Couñago (P)
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 800 (11/PNC-000049)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 13 máis
Sobre a petición da Xunta de Galicia ao Goberno central para que propoña en Bruxelas un plan de recuperación da cigala para o golfo de Biscaia e augas ibéricas
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno da Xunta de Galicia a reclamar do Goberno central que leve a propoñer en Bruxelas un Plan de Recuperación da Cigala para o Golfo de Biscaia e augas ibéricas que contemple os seguintes aspectos:
- Establecemento dun TAC anual que permita a apertura e explotación da pesquería en condicións sostibles e acordes cunha análise rigorosa do estado do recurso.
- Adecuación de medidas técnicas de explotación que acompañen esta apertura, de xeito que se materialice a vontade de adecuación ao estado do recurso que o sector ten. Entre outras, sería conveniente o establecemento dun límite máximo de capacidade e esforzo pesqueiro, de vedas espazo-temporais para a protección das femias reprodutoras, maior supervisión dos desembarques de cigala, así como o establecemento dun procedemento para a mellora da recompilación de datos científicos e dun procedemento para a revisión anual da poboación da cigala”.
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 1363 (11/PNC-000125)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego das actuacións precisas para solucionar a problemática que está a xerar a diminución dos recursos pesqueiros na Pobra do Caramiñal, a consecuencia da modificación da dinámica das correntes mariñas
BOPG n.º 15, do 16.09.2020
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a poñer en marcha de inmediato todas as actuacións que sexan precisas para analizar posibles solucións á situación do porto da Pobra pola modificación da dinámica das correntes mariñas, e a avaliar entre elas a apertura definitiva de varias canles de corrente no peirao comercial, de xeito que favorezan o desenvolvemento do marisco nas concesión de O Areal e Os Raposiños”.
- 2298 (11/PNC-000228)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a recuperación da produción marisqueira da ría de Ferrol, así como a protección social e económica das persoas mariscadoras
BOPG n.º 23, do 30.09.2020
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego e este ao central a iniciar de inmediato un verdadeiro proceso de recuperación da producción marisqueira na ría de Ferrol, en colaboración coas confrarías da zona, os técnicos da Consellería do Mar e a estación de bioloxía mariña da Graña, ao que se acompañarán medidas de protección económica e social das mariscadoras e mariscadores, pactadas co sector."