- O Consello de Contas de Galicia entregou a súa Memoria correspondente ao ano 2019, 16 informes de fiscalización e un informe sobre prevención da corrupción
- Estes informes engádense aos presentados en decembro do ano pasado, de forma que ata a data téñense presentado un total de 19
- A Conta Xeral da Comunidade Autónoma reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2018
- Preto do 95% das entidades locais de Galicia remitiron as súas contas referidas a 2017
Santiago de Compostela, 30 outubro de 2020.- O conselleiro maior do Consello de Contas entregou hoxe ao presidente do Parlamento de Galicia a súa memoria e as súas contas correspondentes ao ano 2019 e os seguintes informes que se atopan na páxina web da Institución (no apartado de informes e de prevención da corrupción):
Informes xerais:
Informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, exercicio 2018, que inclúe a Declaración definitiva sobre o seu exame e comprobación
Informe económico – financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2018
Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2018
Informe de fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, exercicio 2018
Informe de fiscalización de Fondos europeos, exercicio 2018
Informe de fiscalización do FCI, exercicio 2018
Informes específicos:
Informe de fiscalización selectiva das fundacións do Sector Público Autonómico
Informe de seguimento da fiscalización do endebedamento autonómico. Exercicios 2013-2017
Informe de fiscalización dos gastos en bens correntes e servizos na Administración Xeral da Comunidade Autónoma. Exercicio 2017
Informe de fiscalización do Plan de Asistencia ao Ictus. Exercicios 2017-2018
Informe de fiscalización da rendición da Conta Xeral das entidades locais de Galicia. Exercicio 2018
Informe de fiscalización dos recoñecementos extraxudiciais de crédito aprobados polas entidades locais de Galicia. Exercicio 2018
Informe de fiscalización selectiva do Concello de Carballo. Exercicios 2013-2017
Informe de fiscalización selectiva do Concello de Porriño. Exercicios 2017-2018
Informe de fiscalización selectiva da entidade local menor de Bembrive. Exercicio 2015
Informe de seguimento de recomendacións das entidades locais de Galicia. Exercicio 2019
A esta remisión engádese a realizada o 20 de decembro de 2019 do Informe de fiscalización sobre a actuación das entidades locais de Galicia de máis de 10.000 habitantes en materia medioambiental, exercicios 2017-2018.
Informe de sobre a avaliación da transparencia na actividade contractual das entidades instrumentais da Comunidade Autónoma Galega
A esta remisión engádese á realizada o 20 de decembro de 2019 do Diagnóstico dos sistemas de control interno e estratexia de prevención de riscos da corrupción na Administración Xeral, exercicio 2018.
Memoria de actividades 2019
A memoria de actividades inclúe información sobre a actividade de fiscalización, de prevención da corrupción e consultiva, e recolle a información estatística sobre os seguimento das recomendacións efectuadas ao sector público autonómico e local.
Declaración definitiva da Conta Xeral da Comunidade
Autónoma 2018
O informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma contén a opinión sobre a representatividade xeral dos estados contables da Administración xeral, o Sergas e as demais entidades instrumentais autonómicas, declarando que dita conta reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2018, presentando determinadas deficiencias e limitacións que se sinalan nos respectivos informes de fiscalización.
Rendición das entidades locais
A data de peche do informe (marzo 2020) do total de entidades locais de Galicia, o 94,46% remitiron as súas contas referidas a 2018 ao Consello de Contas, considerándose rendidas sen defectos o 91,68%. Das contas rendidas, as correspondentes a 107 entidades foron remitidas fóra de prazo (29,67%).
Cabe destacar que os ingresos e gastos por habitante do conxunto dos concellos galegos representan, respectivamente, o 78,80% e o 78,96% da media española.
Toda a información relativa á rendición de contas está dispoñible na web do Consello de Contas, na que se poñen a disposición dos usuarios a utilización de distintos filtros.
Informes específicos
Cabe destacar a remisión do segundo informe en materia de prevención da corrupción que aborda un estudo sobre a transparencia na actividade contractual das entidades instrumentais da Comunidade Autónoma.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.