A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 13 de novembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 4293 (11/PNC-000504)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 8 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas infraestruturas pendentes de executar na cidade da Coruña
BOPG n.º 40, do 04.11.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a esixir ao Goberno de España información pormenorizada sobre os prazos de execución e investimento das infraestruturas que ten pendentes de executar na Coruña facendo referencia con carácter prioritario:
á estación intermodal,
á ampliación da Ponte da Pasaxe,
á instalación da pasarela en Pedralonga,
á Cuarta Rolda.
á mellora do tren entre A Coruña e Ferrol e entre A Coruña e Lugo,
á ampliación da superficie da terminal e a instalación de dous novos fingers no aeroporto de Alvedro,
a ampliación da avenida Alfonso Molina,
a conexión ferroviaria do porto exterior de Langosteira,
a dragaxe da ría do Burgo e o Vial 18,
e que evalúe a posibilidade de solicitar financiación á Unión Europea para a súa financiación con fondos Next Generation”.
-
Procedementos de natureza normativa
Proxecto de lei
Designación da Ponencia
- 2452 (11/PL-000001)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei de pesca continental de Galicia
BOPG n.º 23, do 30.09.2020
G.P. Popular de Galicia
Dª. Marisol Díaz Mouteira (titular)
Dª. María Elena Candia López (suplente)
G.P. do Bloque Nacionalista Galego
D. Xosé Luis Rivas Cruz (titular)
D. Paulo Ríos Santomé (suplente)
G.P. dos Socialistas de Galicia
D. Pablo Aranqüena Fernández(titular)
Dª. Paloma Castro Rey (suplen te)
- 2453 (11/PL-000002)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei de ordenación do territorio de Galicia
BOPG n.º 23, do 30.09.2020
G.P. Popular de Galicia
D. Martín Fernández Prado (titular)
Dª. Marta Nóvoa Iglesias (suplente)
G.P. do Bloque Nacionalista Galego
Dª. Alexandra Fernández Gómez (titular)
D. Xosé Luis Bará Torres (suplente)
G.P. dos Socialistas de Galicia
D. Luis Manuel Álvarez Martínez (titular)
Dª. Patricia Otero Rodríguez (suplente)