saltar ao contido

A secretaria xeral de Igualdade entrega ao presidente do Parlamento os informes anuais dese departamento

Santiago, 17 de novembro de 2020.- A secretaria xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta, Susana López Abella, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia tres dos informes anuais que elabora ese departamento autonómico.

Trátase do Informe anual 2019 sobre a situación da violencia de xénero en Galicia, o Informe sobre as violencias sexuais 2019 e o Informe sobre prestacións periódicas a vítimas de violencia de xénero exercicio 2019.

Os tres documentos serán obxecto, previsiblemente, dunha comparecencia específica da secretaria xeral de Igualdade na Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia en datas próximas.

 


Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina