saltar ao contido

O Parlamento de Galicia conxela as retribucións de deputados e deputadas para 2021

• A Mesa da Cámara aprobou hoxe o anteproxecto de Orzamentos do Parlamento para 2021, que reserva unha partida para comezar a obra de supresión de barreiras arquitectónicas e implantar medidas de eficiencia enerxética

 

Santiago, 17 de novembro de 2020.- A Mesa do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, para a súa posterior remisión á Xunta, o anteproxecto de orzamentos da Cámara para o ano 2021, que conxela as retribucións de deputadas e deputados durante o vindeiro exercicio, mantendo así o réxime económico fixado a comezos da actual Lexislatura.

O anteproxecto de Orzamentos do Parlamento de Galicia para 2021 ascende a 18.612.000 euros, o que supón un incremento do 0,97% respecto aos de 2020 (178.500 euros).

Increméntase o capítulo 6, de investimentos reais, coa finalidade de comezar as obras de mellora dos accesos do edificio para suprimir as barreiras arquitectónicas e tamén para implantar novas medidas de eficiencia enerxética.

As retribucións do persoal rexistrarán un incremento do 0,9%, que se corresponde co fixado polo Goberno central para os empregados públicos no Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021.

 


Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina