saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 17 de novembro de 2020

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 17 de novembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 3205 (11/PNC-000360)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e sete deputados/as máis
Sobre a demanda por parte do Goberno galego ao Goberno central da cesión da xestión do pazo de Meirás para usos culturais
BOPG n.º 30, do 14.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Estado a cesión da xestión do Pazo de Meirás, co obxectivo de desenvolver usos culturais que expliquen a historia do inmoble, reivindiquen o entendemento e a concordia, e afonden no papel das escritoras na historia da literatura, particularmente de Emilia Pardo Bazán.»
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 

- 3202 (11/PNC-000359)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e dous deputados/as máis
Sobre a axilización por parte do Goberno galego do procedemento para a declaración como ben de interese cultural do edificio histórico da Coruña coñecido como Casa Cornide
BOPG n.º 30, do 14.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a axilizar o procedemento necesario para declarar BIC o histórico edificio coruñés coñecido como Casa Cornide.»

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina