saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 24 de novembro de 2020

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 24 de novembro de 2020, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 17 de novembro de 2020, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos Lexislativos
 

1.1  Debate de totalidade do Proxecto de lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia (doc. núm. 2794, PL-000005)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 06.10.2020
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 39, do 02.11.2020
 
1.2  Debate de totalidade do Proxecto de lei de impulso demográfico de Galicia (doc. núm. 2624, 11/PL-000003)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 06.10.2020
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
Punto 2. Comparecencia
 
2.1 5465 (11/CPP-000026)
Do Sr. conselleiro de Sanidade, a petición propia, para informar sobre a evolución da emerxencia sanitaria da covid-19 en relación coas previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 5327 (11/MOC-000010)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
Sobre a información que debe trasladar o Goberno galego aos concellos respecto da incidencia da covid-19, así como ao Parlamento de Galicia, en relación co persoal que traballa na Central de Seguimento de Contactos. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 3635, publicada no BOPG n.º 33, do 21.10.2020, e debatida na sesión plenaria do 10.11.2020)
 
3.2 5329 (11/MOC-000011)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto da covid-19 nos centros de atención residencial. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 3563, publicada no BOPG n.º 33, do 21.10.2020, e debatida na sesión plenaria do 10.11.2020)
 
3.3 5339 (11/MOC-000012)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez López, Daniel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno Central en relación co impacto da covid-19 nos empresarios autónomos. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 3652, publicada no BOPG n.º 33, do 21.10.2020, e debatida na sesión plenaria do 10.11.2020)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 3466 (11/PNP-000371)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 3 máis
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dun plan de choque de emprego xuvenil
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
4.2 3552 (11/PNP-000381)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun novo plan de I+D+i, así como a actuación que debe levar a cabo respecto do grao de execución do Plan Galicia innova 2020
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
4.3 4440 (11/PNP-000501)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a consecución dun convenio colectivo digno para o persoal das fundacións de investigación biomédica de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 40, do 04.11.2020
 
4.4 4898 (11/PNP-000560)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo para evitar a desprotección e apoiar as persoas menores orfas por violencia de xénero
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
4.5 4961 (11/PNP-000566)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para combater a violencia de xénero e prestar atención psicolóxica ás vítimas no contexto xerado pola covid-19
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
4.6 5010 (11/PNP-000574)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para o establecemento dun sistema de distribución dos fondos europeos baseado na transparencia e na obxectividade
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 582 (11/INT-000017)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre o impacto na economía galega da consolidación da pobreza e da exclusión social e as repercusións da crise da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
5.2 1027 (11/INT-000044)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Francisco Rivera, Juan Carlos e Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre a política do Goberno galego en relación coa crise económica e a situación social xeradas pola covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
5.3 4381 (11/INT-000286)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto da covid-19 no sector cultural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 40, do 04.11.2020
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 5446 (11/POPX-000009)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre as medidas adoptadas polo Goberno galego para protexer as mulleres durante a pandemia
 
6.2 5447 (11/POPX-000010)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
Sobre a avaliación que fai o Goberno galego da evolución da crise sanitaria, social e económica xeada pola covid-19 en Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 3691 (11/POP-000463)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e Gallego Sanromán, María Leticia
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da información e asesoramento que reciben, co actual marco regulatorio, os concellos, as comunidades rurais e de montes, así como a veciñanza en xeral, para poder negociar con garantías cos promotores eólicos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
7.2 5302 (11/PUP-000083)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Díaz Mouteira, María Sol e 7 máis
Sobre as actuacións que está a impulsar a Xunta de Galicia para frear a ocupación ilegal de vivendas en Galicia
 
7.3 5001 (11/PUP-000080)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 7 máis
Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia das partidas orzamentarias inseridas en materia de infraestruturas viarias e ferroviarias no Proxecto de lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
7.4 4558 (11/POP-000587)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e 2 máis
Sobre o coñecemento polo Goberno galego do perigo que supón de cara á declaración da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade o proxecto da Deputación Provincial de Ourense para o acondicionamento e a mellora integral da estrada de acceso a San Pedro de Rocas, no concello de Esgos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
  
7.5 5435 (11/PUP-000081)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes
Sobre as intencións da Xunta de Galicia respecto do apoio do galego como lingua vehicular do ensino, dando cumprimento aos informes do Consello de Europa que demandan a eliminación das actuais limitacións á docencia en galego en todos os niveis de educación e a publicación das avaliacións pendentes do Decreto do plurilingüismo
 
7.6 5441 (11/PUP-000082)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e 2 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego dos datos inseridos en diversos estudos e informes oficiais que reflicten un forte incremento dos casos de violencia sexual en Galicia
 
7.7 1580 (11/POP-000122)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 3 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da adopción das medidas necesarias para solucionar a situación en que se encontra a sanidade pública no concello de Soutomaior e na parroquia de Ponte Sampaio, no concello de Pontevedra
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 
7.8 4826 (11/POP-000624)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir a atención e a axuda que precisan as persoas beneficiarias do servizo de axuda no fogar aprobado con carácter extraordinario
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
 
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2020

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina