4.2 3552 (11/PNP-000381)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun novo plan de I+D+i, así como a actuación que debe levar a cabo respecto do grao de execución do Plan Galicia innova 2020
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
O texto aprobado é o seguinte:
“ O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Elaborar un ambicioso e novo plan galego de I+D+i no 2021, cunha maior dotación orzamentaria que nos permita duplicar o gasto total en Investigación, Desenvolvemento e Innovación para situar a Galicia na media española.
2. Explicar o grado de execución do Plan Galicia Innova 2020”.
4.3 4440 (11/PNP-000501)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a consecución dun convenio colectivo digno para o persoal das fundacións de investigación biomédica de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 40, do 04.11.2020
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
1.- Convocar de inmediato a mesa de negociación para acadar un convenio colectivo das Fundacións Biomédicas de investigación sanitaria de Galicia: Fundación Biomédica Galicia Sur(FBGS), Fundación Prof. Novoa Santos (FPNS) e Fundación Instituto de Investigación Sanitaria Santiago de Compostela (FIDIS).
2.- Designar representante para esta negociación que teña capacidade de decisión e forme parte da Consellería de Sanidade.”
4.4 4898 (11/PNP-000560)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo para evitar a desprotección e apoiar as persoas menores orfas por violencia de xénero
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Demandar do Goberno central realizar de forma urxente as modificacións lexislativas necesarias para garantir a protección das orfas e orfos por violencia de xénero naquelas situacións que, após a aplicación da Lei 3/2019, do 1 de marzo, quedan sen contemplar debido a que o requisito de orfandade absoluta asimilable non dá cabida a supostos que deben ser considerados, por exemplo aquelas situacións derivadas da non coincidencia do homicida co pai da crianza ou de que o proxenitor non estea en condicións de asumir a manutención das e dos menores e outras que puideran derivar no resultado da desprotección da ou do menor.
2. Demandar do Goberno central unha difusión activa da existencia deste recurso, dirixida á sociedade en xeral e aos organismos e departamentos que traballen no ámbito dos servizos sociais e da atención á violencia machista en concreto. Así mesmo, a colaborar e facer o propio desde a Administración galega.
3. Realizar, ao abeiro da medida 170 que contempla “Revisar os casos de mulleres e menores ao seu cargo que fosen vítimas de violencia de xénero para analizar o seu grao de inserción na sociedade e reparación”, un estudo específico sobre os resultados en Galicia, co obxectivo de profundizar no coñecemento da situación e de poder impulsar as melloras e complementos necesarios por parte das administracións.
4. Xunta de Galicia a reforzar e a manter as axudas de indemnización económica, dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, co obxecto de garantir que o feito causante supoña un menor perxuízo económico para os fillos e fillas orfos”
4.5 4961 (11/PNP-000566)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para combater a violencia de xénero e prestar atención psicolóxica ás vítimas no contexto xerado pola covid-19
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Deseñar, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza, un Plan específico de atención psicolóxica para mulleres en situación de violencia machista adaptado á realidade xerada pola COVID-19 así como ás consecuencias do confinamento e doutras medidas de restrición da mobilidade adoptadas neste contexto.
2. Manter e ampliar o Plan de reforzo de atención ás vítimas de violencia machista para garantir o funcionamento dos servizos necesarios de atención, información e asesoramento ás mulleres en situación de violencia machista, tales como: prestacións económicas, apoio psicolóxico, Centros de Información ás Mulleres e recursos de acollida.
3. Elaborar un estudo sobre a situación das mulleres vítimas de violencia machista en Galicia durante a pandemia, con especial atención ao período de confinamento.
4. Ampliar a rede de Centros de Información ás Mulleres que garanta a prestación do servizo ao conxunto do territorio galego especialmente a aqueles concellos e comarcas que actualmente carecen del.
5. Reforzar as medidas dirixidas á atención ás mulleres vítimas de violencia machista que viven no rural, aumentando o número de recursos especializados adaptándoos á realidade demográfica e xeográfica así como adaptar as campañas de prevención e sensibilización a esta realidade.
6. Manter e ampliar a colaboración coa Rede Galega contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual.
7. Dirixirse ao Goberno do Estado para que impulse a aprobación da Lei Orgánica de loita integral e multidisciplinar contra a Trata de Seres Humanos con fins de explotación sexual e cumprir así, co aprobado no Pacto de estado contra a violencia de xénero”.
4.6 5010 (11/PNP-000574)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para o establecemento dun sistema de distribución dos fondos europeos baseado na transparencia e na obxectividade
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central a que estableza un sistema de reparto dos fondos europeos baseado na transparencia e na obxectividade, que teña en conta os principios que se expoñen a continuación:
1) O principio de subsidiariedade e goberno multinivel, de modo que as comunidades autónomas participen no proceso de definición destes criterios.
2) O principio de concorrencia competitiva, que disipe calquera risco de discrecionalidade ou arbitrariedade no proceso.
3) O principio de cohesión social e territorial, de maneira que a distribución teña en conta factores como a renda per cápita, a porcentaxe de poboación que vive no rural, o reto demográfico ou a transición industrial”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.