saltar ao contido

Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 3 de decembro de 2020

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 3 de decembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de natureza normativa
 
Proxecto de lei
 
Designación da Ponencia

 
- 2624 (11/PL-000003)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei de impulso demográfico de Galicia
BOPG n.º 26, do 06.10.2020
 
G.P. Popular de Galicia
Dª. Raquel Arias Rodríguez (titular)
D. Alberto Pazos Couñago (suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego
Dª. Olalla Rodil Fernández (titular)
Dª. María Montserrat Prado Cores (suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia
Dª. Marina Ortega Otero (titular)
Dª. María del Carmen Rodríguez Dacosta (suplente)

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación con modificacións

- 5319 (11/PNC-000635)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da aprobación dun permiso retribuído no ámbito estatal para as nais e pais dos menores que estean en corentena
BOPG n.º 52, do 25.11.2020

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

 “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para instar á aprobación urxente dun permiso retribuído a nivel estatal para as nais e pais cuxas nenas e nenos estean en corentena.

Entretanto o Goberno español non cumpre co punto anterior, o Parlamento insta á Xunta de Galicia a crear una liña de axudas directas extraordinarias para garantir o dereito de conciliación perante novos gromos e repuntas da Covid-19."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina