A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 4 de decembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 4686 (11/PNC-000554)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 3 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para a renovación da concesión e o restablecemento da operatividade da base antiincendios do Xurés, situada na parroquia de Porqueirós, no concello de Muíños
BOPG n.º 44, do 11.11.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que, de forma inmediata, negocie cos comuneiros de Porqueirós a renovación da base antiincendios do Xurés para que a maior brevidade volva a estar operativa."
- 4896 (11/PNC-000586)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 7 máis
Sobre o impulso por parte da Xunta de Galicia da plataforma informática da Axencia Galega de Calidade Alimentaria para poñer en valor e ampliar a formación a distancia no agro galego
BOPG n.º 49, do 19.11.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a potenciar a plataforma tecnolóxica web para poñer en valor e ampliar a formación a distancia no agro galego”.