saltar ao contido

Constitución e composición da Comisión de investigación para analizar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros

Constitución e composición da Comisión de investigación para analizar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex directivos, co obxecto de rematar os traballos realizados na IX e X lexislaturas que están pendentes de conclusión
 
A Comisión de investigación para analizar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex directivos, co obxecto de rematar os traballos realizados na IX e X lexislaturas que están pendentes de conclusión na súa sesión do 11 de decembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Constitución da Comisión
-  (11/COCE-000005)
 
Elección membros da Mesa
  (11/CEEM-000025)
 
Mesa:
Don José Manuel Rey Varela (P)
Presidente
 
Dona María Guadalupe Murillo Solís (P)
Vicepresidenta
 
Don Ramón Fernández Alfonzo (BNG)
Secretario
 
Vogais:
G.P. Popular de Galicia (P):
Dona Teresa Egerique Mosquera
Dona Marta Nóvoa Iglesias
Don Pedro Puy Fraga
Dona Cristina Sanz Arias
Dona Sandra Vázquez Domínguez
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG):
Dona Ana Pontón Mondelo
Dona Noa Presas Bergantiños
 
G.P. dos Socialistas de Galicia (S):
Don Pablo Arangüena Fernández
Don Juan Carlos Francisco Rivera
 
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2020

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina