saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 29 de decembro de 2020


A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 29 de decembro de 2020, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 6121 (11/PNC-000735)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
Sobre a realización polo Goberno galego das obras necesarias para garantir a axeitada ventilación e a seguridade para a saúde no Conservatorio Superior de Música da Coruña
BOPG n.º 59, do 09.12.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a solucionar os problemas que afectan á comunidade educativa do Conservatorio Superior de Música da Coruña, e a realizar as obras necesarias para garantir a correcta ventilación e seguridade do centro."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina