saltar ao contido

Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 16 de febreiro de 2021

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 16 de febreiro de 2021, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 5817 (11/PNC-000696)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Díaz Mouteira, María Sol e seis máis
Sobre a postura de desconformidade do Goberno galego en relación coa inclusión de todas as poboacións do lobo ibérico ao norte do Douro na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección oficial e a demanda ao Goberno central do mantemento do seu actual status legal. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 56, do 02.12.2020
 
Sométese a votación separada por puntos:
Punto 1:  resulta aprobado por 9 votos a favor, 3 votos en contra e 0 abstencións

Puntos 2, 3 e 4: resultan aprobados por unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“1.-O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que mostre a súa desconformidade coa inclusión de todas as poboacións do lobo ibérico ao norte do Douro na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESRPE) e, a que demande ao Goberno de España paralizar o proceso e a manter o actual status legal das poboacións ao norte do río Douro.
 
2.-A liderar, xunto con Asturias, Cantabria e Castela e León, a estratexia nacional para a conservación do lobo. Unha vez elaborada dita estratexia, actualizar ou elaborar un novo plan do lobo para Galicia, que debe ser froito do consenso entre as asociación en defensa do lobo, representantes das organización gandeiras e representantes do sector veterinario e no que deben participar os expertos do lobo presentes no comité técnico constituído recentemente.
 
3.- Axilizar a actualización dos censos poboacionais e elaborar un novo mapa de presencia do lobo en Galicia.
 
4.- Suplementar, se fose necesario, o orzamento de 2021 para prevención e danos por ataque de lobos ao gando, garantizando que cubra todas as solicitudes presentadas correctamente e o cobro destas nun prazo axeitado, ademáis de actualizar as contías por danos por ataque do lobo actuáis, tal e como ven recollido na orde de axudas."

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 6533 (11/PNC-000774)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e dúas/dous máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas condicións do transporte no encoro de Portodemouros
BOPG n.º 66, do 22.12.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a tomar as medidas necesarias para que a empresa concesionaria do encoro de Portodemouros, situado no curso do Ulla medio entre os concellos de Santiso, Arzúa e Vila de Cruces, cumpra coas súas obrigas a respecto das condicións  que debe observar a barcaza e as instalacións que comunican as parroquias de Loño (Vila de Cruces) e Beigondo (Santiso) segundo o establecido nas condicións da concesión do encoro á empresa Naturgy."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina