saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 17 de febreiro de 2021

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 17 de febreiro de 2021, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación sen modificacións

- 8799 (11/PNC-000917)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e seis máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno do Estado para que proceda á redución do IVE dos salóns de peiteado do actual 21% a un 10% e sobre o apoio necesario que se lle debe dar para garantir a supervivencia deste sector e dos postos de traballo que manteñen nun momento de especial necesidade por mor da crise da covid-19
BOPG n.º 82, do 26.01.2021

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:


"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
Demandar o Goberno do Estado a redución do Ive dos salóns de peiteado, pasando do actual 21% a un 10%, dando o apoio necesario para garantir a supervivencia deste sector e dos postos de traballo que manteñen, nun momento de especial necesidade por mor da crise da covid-19"

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 9233 (11/PNC-000964)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, María do Carme e dúas/dous máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co cumprimento das medidas de prevención da covid-19 polas grandes cadeas de alimentación
BOPG n.º 88, do 03.02.2021

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a actuar vixiando o cumprimento das medidas preventivas establecidas por parte das grandes cadeas de alimentación, co obxectivo de evitar os contaxios das traballadoras e da clientela."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina