saltar ao contido

O Parlamento de Galicia elixe os seus representantes nos consellos sociais das universidades galegas

Santiago, 23 de febreiro de 2021. O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu esta mañá aos seis representantes que corresponden á Cámara galega nos consellos sociais  das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. A elección prodúcese logo da expiración do mandato de catro anos dos anteriores representantes do Lexislativo autonómico.
 
Consello Social da Universidade de  Santiago de Compostela
 
Manuel Lolo Aira     (P)
Francisco Xesús Anxo Louzao Rodríguez  (BNG)
Manuel Francisco Martín García  (P) 
Ramón Medina González-Redondo  (S) 
Mª del Carmen Quintas Cruceyra  (P)
Rosa Blanca Rodríguez Gutierrez  (P)
 
Consello Social da Universidade da Coruña
 
M.ª Del Mar Barcón Sánchez  (S)
Natalia Barreiro Mata   (P)
M.ª Xosé Bravo San José   (BNG) 
Jaime Fernández-Obranza Carro (P)
Manuel Ángel Jove Santos  (P)
Inmaculada Rodríguez Cuervo  (P)
 
Consello Social da Universidade de Vigo
 
Xosé Manuel Atanes Limia  (BNG)
Xulio Calviño Rodríguez   (S)
Mª de los Ángeles García Míguez (P)
Jesús Graña Nogueiras   (P)
M.ª Elvira Larriba Leira   (P)
Yolanda López Fernández   (P)
 
Os consellos sociais son órganos de participación da sociedade galega nas universidades e impulsan a colaboración entre estas e aquela, mediante a satisfacción polas universidades das necesidades do seu ámbito, contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia e á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria. Correspóndelle ao consello social de cada universidade a supervisión das actividades de carácter económico da universidade e do rendemento dos seus servizos e promover a colaboración da sociedade no financiamento da universidade, así como cantas outras funcións lle sexan atribuídas por esta lei e a demais normativa aplicable (artigo. 74 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia).
 
As persoas elixidas foron propostas polos grupos parlamentarios e reúnen as condicións de idoneidade preceptuadas nos artigos 77.3 e 78 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia, que se pode consultar no seguinte enlace:
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaLeisdeGalicia/Lei_6_2013.pdf
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina