saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 25 de febreiro de 2021

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 25 de febreiro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 

- 5084 (11/PNC-000604)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e dous/dúas máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa necesidade de ampliar o Centro de Saúde de Cedeira
BOPG n.º 49, do 19.11.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia, insta o Goberno galego a manter os compromisos da Consellería de Sanidade coa cidadanía de Cedeira, reuníndose co Goberno local da dita localidade para facer realidade a necesidade de ampliación do centro de saúde desta localidade."
 
- 8641 (11/PNC-000910)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e tres máis
Sobre a demanda á  Xunta de Galicia para que coordine unha mesa de traballo interinstitucional co fin de revisar e mellorar os protocolos de atención ás familias no caso de falecemento en accidente dalgún dos seus membros
BOPG n.º 82, do 26.01.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que coordine unha mesa de traballo interinstitucional coa fin de revisar e mellorar os protocolos de atención ás familias no caso de falecemento en accidente dalgún dos seus membros."
 
 
 
- 10002 (11/PNC-001030)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e tres máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia das garantías de atención sanitaria ás persoas xordas a través da dotación de servizos de interpretación de lingua de signos por parte do Sergas
BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta a asegurar a comunicación das persoas xordas no acceso á sanidade pública galega demandando da Consellería de Sanidade o compromiso de creación dunha bolsa de intérpretes a disposición do colectivo de persoas xordas as 24 horas do día.”
 
- 10327 (11/PNC-001063)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e sete máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co funcionamento das unidades de mama
BOPG n.º 96, do 17.02.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que regule o funcionamento das Unidades de Mama, para homoxeneizalas en todas as áreas sanitarias galegas e que serva de referencia para a organización dos equipos de atención multidisciplinar doutras patoloxías, comezando polas relacionadas co solo pélvico”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina