saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 2 de marzo de 2021

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 2 de marzo de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 10098 (11/PNC-001044)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia tendentes ao acondicionamento do paseo marítimo de Raxó
BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que Portos de Galicia leve a cabo o acondicionamento e mellora urbana en superficie do vial portuario de Raxó que garanta a seguridade viaria dos peóns e os vehículos que transcorren por esta calzada, previa definición consensuada das actuacións co Concello de Poio e con Portos de Galicia, co desenvolvemento da redacción do proxecto acordado e o inicio dos trámites para a súa execución no ano 2021."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 10736 (11/PNC-001091)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia para solicitar ao Goberno de España que cubra o cen por cento das prazas de profesionais sanitarios de Sanidade Marítima en Galicia
BOPG n.º 96, do 17.02.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España a que cubra o 100 % das prazas de profesionais sanitarios de Sanidade Marítima en Galicia.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina