saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 5 de maio de 2021


A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 5 de maio de 2021, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 14572 (11/PNC-001489)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en relación cos bens mobles do pazo de Meirás. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 130, do 28.04.2021

Sométese a votación a transacción coa emenda do G. P. Popular de Galicia doc. núm. 15738 e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1.- Demandar da administración xeral do Estado que se interpoñan as accións xudiciais pertinentes para defender a titularidade pública dos bens mobles que deben formar parte do BIC, que son necesarios para explicar a súa historia, que son parte integrante e inseparable do conxunto, e que son de titularidade ou de dominio público.

2.- Actuar como parte coadxuvante nos procedementos xudiciais que se interpoñan pola administración xeral do Estado.

3.- Traballar conxuntamente coa administración xeral do Estado na adopción de todas as medidas previstas na lexislación, incluíndo medidas cautelares e urxentes, para garantir a unidade e integridade dos bens mobles que forman parte do BIC Torres de Meirás e para impedir un novo saqueo de bens que foron resultado do espolio franquista. E, neste sentido, advertir á familia Franco da imposibilidade de sacar de Meirás todos aqueles bens que non sexan os obxectos e utensilios de uso estritamente persoal e privado.

4.- Defender a incoación de maneira urxente do procedemento para a inclusión no BIC Torres de Meirás dos bens mobles que pola súa vinculación co inmoble forman parte inseparable del, e aplicación provisional a estes bens mobles do réxime de protección previsto para os bens de interese cultural.

5.- Levar a cabo as accións pertinentes para que os bens cunha declaración específica de BIC, as Estatuas do Mestre Mateo e a Biblioteca de Emilia Pardo, se manteñan en Galicia, en resposta ao sentir xeneralizado da sociedade galega."

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina