saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 14 de maio de 2021

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 14 de maio de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 12869 (11/PNC-001311)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Armada Pérez, José Antonio e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas vindeiras convocatorias de axudas para os grupos de desenvolvemento rural
BOPG n.º 115, do 24.03.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 3 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que nas próximas convocatorias de axudas dirixidas aos Grupos de Desenvolvemento Rural se inclúan novos criterios que poñan en valor a recuperación económica e social en cuestións derivadas da incidencia que está tendo a covid19, a protección da saúde, ou mesmo a posibilidade de aplicar as novas ferramentas que contemplará a nova Lei de Recuperación de Terra, axudando deste xeito á actualización das diferentes estratexias de cada GDR”.
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 650 (11/PNC-000026)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 14 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación coa creación dun centro integral para a loita contra o lume dotado con persoal especializado no comportamento e análise dos lumes forestais e para darlles formación aos bombeiros forestais e desenvolver a análise e a investigación
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións
respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia:
- A crear un Centro Integral para a Loita contra o Lume dotado con persoal especializado no comportamento e análise dos lumes forestais para dar formación aos bombeiros forestais e desenvolver análise e investigación.
- A facer un uso óptimo dos recursos cos que conta en materia de formación, concretamente os seis centros de formación agroforestal dependentes da Consellería do Medio Rural, así como a Academia Galega de Seguridade Pública e a Escola Galega de Administración Pública, de conformidade coas conclusións da Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais".
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 13604 (11/PNC-001375)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas concentracións parcelarias pendentes e o regulamento de desenvolvemento da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia
BOPG n.º 119, do 05.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
 
1º) Priorizar as concentracións parcelarias pendentes, nos investimentos da Administración galega na movilización de terra agraria, decretando una nova zona por cada zona rematada.
2º) Desenvolver o regulamento da Lei Metega do ano 2015, paralizada dende o ano 2017".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina