A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 25 de maio de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de maio de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Lexislativo
1.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei de recoñecemento da universidade privada "Universidad Intercontinental de la Empresa", con sede na Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 13722, 11/PL-000009)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 121, do 07.04.2021
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 137, do 10.05.2021
Punto 2. Comparecencia
2.1 14407 (11/CPP-000051)
Do conselleiro do Medio Rural, por petición propia, para informar do avance das negociacións e da postura de Galicia cara ao desenvolvemento da futura PAC 2023-2027
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 126, do 21.04.2021
Punto 3. Mocións
3.1 16204 (11/MOC-000043)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sobre a política do Goberno galego en relación co emprego e coa mellora da empregabilidade (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 14498, publicada no BOPG núm. 130, do 28.04.2021, e debatida na sesión plenaria do día 11 de maio de 2021)
3.2 16235 (11/MOC-000044)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo
Sobre a política do Goberno galego en relación co emprego xuvenil (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm 14298, publicada no BOPG núm. 126, do 21.04.2021, e debatida na sesión plenaria do 11 de maio de 2021)
3.3 16236 (11/MOC-000045)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes
Sobre a política do Goberno galego en relación co uso da lingua galega como lingua vehicular no ensino (Moción a consecuenica da Interpelación doc. núm 5204, publicada no BOPG doc núm. 49, do 19.11.2020, e debatida na sesión plenaria do 11 de maio de 2021)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 8059 (11/PNP-000830)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia para o desenvolvemento e aprobación dun novo Plan sectorial eólico para Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 27.01.2021
4.2 12623 (11/PNP-001240)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e 4 máis
Sobre o deseño e desenvolvemento polo Goberno galego dun plan de promoción e reactivación económica das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 17.03.2021
4.3 15327 (11/PNP-001481)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en materia de protección e tutela de menores, así como respecto da elaboración dun plan específico de loita contra a pobreza infantil en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 134, do 05.05.2021
4.4 15635 (11/PNP-001505)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que se deben levar a cabo respecto da intención do Goberno central de establecer peaxes nas autovías de titularidade estatal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
4.5 15692 (11/PNP-001510)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Murillo Solís, María Guadalupe e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para demandar do Goberno central que a devolución do IVE de novembro se faga extensiva a todos os concellos e deputacións galegas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
4.6 15817 (11/PNP-001525)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para promover e dinamizar o sector da eólica mariña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
Punto 5. Interpelacións
5.1 5617 (11/INT-000380)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
5.2 15700 (11/INT-000891)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis
Sobre a política do Goberno galego respecto da paridade na composición dos órganos de toma de decisión do Consello de Administración da Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
5.3 15829 (11/INT-000901)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Gallego Sanromán, María Leticia
Sobre a política do Goberno galego en materia de enerxía eólica en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 16209 (11/POPX-000031)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre as previsións da Xunta de Galicia en relación co fortalecemento dos Servizos públicos galegos como garantía fronte á crise sanitaria, económica e social da covid
6.2 16210 (11/POPX-000032)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da atención primaria fronte ao impacto da pandemia
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 8193 (11/POP-001129)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre as actuacións, detalladas por provincias, da Xunta de Galicia nas que se investiron os 105 millóns de euros do plan de investimentos recollido dentro do Plan estratéxico Xacobeo 2021
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 84, do 28.01.2021
7.2 15842 (11/POP-002077)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos e Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre os motivos da Xunta de Galicia para efectuar as convocatorias de "Manifestación de Interese" aos fondos "Next Generation" despois de remitirse a Bruxelas o Plan nacional de recuperación e resiliencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
7.3 15759 (11/POP-002066)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 4 máis
Sobre as actuacións do Goberno galego ante a perda continuada de postos de traballo no sector do comercio téxtil en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
7.4 16207 (11/PUP-000180)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 19 máis
Sobre as previsións do Goberno galego en relación á folla de ruta a seguir polas distintas administracións públicas de cara a garantir o mantemento do emprego e produción en ENCE
7.5 14142 (11/POP-001915)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre os avances producidos respecto da dotación de novas tecnoloxías destinadas á diagnose e á mellora tecnolóxica dos bloques cirúrxicos no Sistema galego de saúde
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 126, do 21.04.2021
7.6 15555 (11/POP-002042)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 13 máis
Sobre as melloras realizadas nas infraestruturas sanitarias e os servizos implantados nos centros hospitalarios da provincia de Lugo desde o ano 2010
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 134, do 05.05.2021
7.7 15882 (11/POP-002082)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra e 3 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da creación dunha unidade de desordes alimentarias en Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
7.8 16201 (11/PUP-000179)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre as previsións da Xunta de Galicia para a reforma lexislativa que evite a incompatibilidade da Renda de inclusión Social de Galicia co Ingreso Mínimo Vital
7.9 7672 (11/POP-000998)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as medidas de actuación do Goberno galego en relación coa fixación do prezo do leite
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 20.01.2021
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021
Xosé Antón Sarmiento Méndez
Letrado Oficial Maior