A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 18 de maio de 2021, adoptou o seguints acords:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 15584 (11/PNC-001556)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da ampliación da Rede Natura 2000 e da captación de fondos europeos asociados á transición ecolóxica
BOPG n.º 134, do 05.05.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a rematar os traballos para a ampliación e revisión da Rede Natura 2000, así como avanzar na aprobación dos diferentes plans de xestión no prazo máis breve posible."