saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 19 de maio de 2021


A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 19 de maio de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 14744 (11/PNC-001517)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa tramitación da Proposición de lei de medidas urxentes para a consolidación dos funcionarios interinos da Administración local con habilitación nacional. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 130, do 28.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar da Administración xeral do Estado e ao Goberno de España a rexeitar a tramitación da proposición de lei de medidas urxentes para a consolidación dos funcionarios interinos da administración local con habilitación nacional e a convocar e cubrir anualmente un maior número de prazas de funcionarios de cada una das subescalas pertencentes ao corpo de funcionarios de administración local con habilitación nacional."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina