saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 21 de maio de 2021

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 21 de maio de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 14375 (11/PNC-001467)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 9 máis
Sobre a reiteración polo Goberno galego ante o Goberno central da solicitude de cesión do inmoble do antigo colexio de Celeiro, no concello de Viveiro, para a súa rehabilitación e posterior traslado alí da escola oficial de idiomas Luz Pozo Garza
BOPG n.º 130, do 28.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reiterar ante o Goberno de España a solicitude de cesión do inmoble do antigo colexio de Celeiro (Viveiro) para, previa rehabilitación, trasladar alí a escola oficial de idiomas Luz Pozo Garza e, á súa vez, permitir o aproveitamento dos espazos que deixa baleiros o centro de idiomas para a ampliación das instalación do colectivo social ASPANANE, con destino a novos usos de residenciais. Esta cesión efectuarase a título gratuíto."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina