saltar ao contido

Acordo da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 21 de maio de 2021

A  Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 21 de maio de 2021, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 14663 (11/PNC-001503)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto económico do peche da fronteira entre Galicia e Portugal, en particular na zona de Ourense e da fronteira Chaves-Verín
BOPG n.º 130, do 28.04.2021

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Promover a realización dun estudo, en colaboración co sistema universitario galego, para coñecer o dobre impacto da COVID e do peche de fronteira nas actividades económicas dos concellos transfronteirizos de todo o país.

2. Impulsar, en colaboración con todas as administracións e coas AECT un plan especial para demandar compensacións con cargo a fondos propios, estatais ou europeos para os sectores dobremente afectados pola Covid e polo efecto peche da fronteira.

3. Demandar a dotación de fondos extraordinarios por parte dos estados e da UE ao abeiro do Plan europeo de recuperación Pos-COVID (NEXT EU), así como do Marco Financeiro Europeo 2021-2027 e promover a posta en marcha dun Investimento Territorial Integrado de carácter Transfronteirizo (ITI) concertado entre ambos países e dotado financeiramente con cargo a fondos europeos do Marco Comunitario reforzado 2021-2027, como instrumento para a reactivación económica e o desenvolvemento deste territorio dobremente afectado pola COVID e polo impacto da reposición da fronteira.”


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina