• A visita enmárcase nunha campaña de ámbito estatal que reclama a protección dos dereitos trans na lexislación
Santiago, 24 de maio de 2021.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía, acompañado por representantes dos grupos parlamentarios, a unha delegación de persoas trans que reivindican o recoñecemento dos seus dereitos.
A visita, solicitada polo colectivo, enmárcase nunha campaña de ámbito estatal, impulsada pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB), Fundación Triángulo e Chrysallis, que percorre diferentes puntos do país cunha bandeira trans xigante na procura do consenso da cidadanía e as institucións, reivindicando a protección dos dereitos trans na lexislación.
O presidente do Parlamento deulles a benvida á Cámara galega e convidou ás participantes a compartir as súas inquedanzas cos grupos parlamentarios, que é a quen corresponde a presentación de propostas.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.