saltar ao contido

Acordo da Comisión 6ª, Indsutria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 27 de maio de 2021

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 27 de maio de 2021, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 14762 (11/PNC-001520)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 7 máis
Sobre as xestións que debe realizar o Goberno galego diante do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital en relación coas carencias e deficiencias existentes en Galicia en materia de conectividade
BOPG n.º 134, do 05.05.2021

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1.- Trasladar ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a nula ou insuficiente conectividade en moitos núcleos de poboación situados nos 313 concellos de Galicia.

2.- Trasladar ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, para que no territorio galego e no marco das súas competencias, a necesidade de priorizar o despregamento de banda larga nas zonas brancas das entidades de poboación menos poboadas, así como nas zonas que non están catalogadas como "zonas brancas" na listaxe elaborada polo dito Ministerio pero que o son de facto, e dote tamén de cobertura ás zonas que non dispoñen nin tan sequera de Servizos básicos de telefonía móbil, como áreas de maior risco de fenda dixital.

3.- Trasladar ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, para que no territorio galego e no marco das súas competencias, a necesidade de ter en conta as achegas dos Concellos e da Xunta de Galicia como institucións máis próximas á realidade e mellor coñecedoras das necesidades do seu territorio para asegurar así una correcta provisión das necesidades de comunicación, eliminar a fenda dixital e as barreiras e desigualdades que xorden entre a probación dependendo do seu lugar de residencia."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina