Santiago, 27 de maio de 2021.- Con motivo da celebración do Día Internacional da Medicina de Urxencias e Emerxencias, as/os deputadas/os da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, do Parlamento de Galicia reiteran a proposición non de lei aprobada por unanimidade do Pleno o pasado 9 de decembro de 2020 para demandar a creación da nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias.
O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou, o 9 de decembro de 2020, entre outras, a seguinte proposición non de lei:
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 5003 (11/PNP-000571)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a creación da nova
especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias
BOPG nº 49, do 19.11.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 70 deputados e deputadas.
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno central a creación da nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias, con tramitación preferente e independente da que corresponda a un novo decreto de troncalidade.»
Publicada no BOPG Número 61, 14 de decembro de 2020:
Saúdos, Gabinete de Comunicación.