saltar ao contido

Acordos da Comisión 2ª. Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 18 de xuño de 2021

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 18 de xuño de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 13544 (11/PNC-001366)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 8 máis
Sobre o requirimento polo Goberno galego ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana da execución da mellora integral e urxente da estrada N-634, no treito comprendido ente o alto da Xesta, no concello de Abadín, e Mondoñedo
BOPG n.º 119, do 05.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a requirirlle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a que acometa a mellora integral e urxente da estrada N-634, no treito entre o Alto de A Xesta (Abadín) e Mondoñedo, que serve como itinerario alternativo á autovía do Cantábrico cando se producen peches de circulación polos intensos bancos de névoa e prolongar o terceiro carril de subida pola N-634 desde o p.k. 596 en San Vicente ata o enlace coa A-8  no alto da Xesta”.
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 14733 (11/PNC-001515)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Carrera, María Felisa e 11 máis
Sobre o requirimento polo Goberno galego ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do arranxo integral das estradas da súa competencia en Galicia e, en concreto, da autovía A-55 ao seu paso por Mos e O Porriño
BOPG n.º 134, do 05.05.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a requirirlle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o arranxo integral e urxente das estradas da súa competencia en Galicia, e concretamente da autovía A-55 ao seu paso por Mos e Porriño, incluíndo os carrís de incorporación e as vías de servicio paralelas”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina