Santiago, 2 de xullo de 2021.- O secretario de Estado para a Unión Europea, Juan González-Barba Pera, efectuou hoxe unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, na que abordaron cuestións de actualidade relacionadas coas institucións comunitarias, cunha especial referencia á xestión da covid-19 e os fondos de recuperación. De seguido, o secretario de Estado mantivo un encontro con representantes dos tres grupos parlamentarios da Cámara galega.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.