A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 6 de xullo de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 16894 (11/PNC-001713)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 13 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a defensa do sector marisqueiro
BOPG n.º 152, do 09.06.2021
Sométese a votación por puntos co resultado seguinte:
Puntos 1,3,4,5:resultan aprobados pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes
Punto 2: resulta aprobado por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia acorda:
1º.- Instar a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que retire, de xeito inmediato, o recurso contencioso-administrativo presentado polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e dirixido a derrogar o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o período 2021-2023.
2º.- Manifestar como resolución a súa oposición ante un novo ataque inxustificado do Goberno de España ao marco competencial vixente, e nomeadamente as competencias exclusivas da Xunta de Galicia, neste caso a través do complexo mar-industria e moi en particular do labor das mariscadoras e mariscadores galegos.
3º.- Facer público o expediente completo sobre o Plan Xeral de Explotación Marisqueira 2021-2023.
4º.- Instar a Xunta de Galicia a desenvolver as accións precisas para defender ata as últimas instancias os intereses do sector marisqueiro galego, e un modelo de xestión dos recursos autónomo, con décadas de historia e baseado na coxestión dos recursos que ten demostrado a súa eficacia, e abrir un diálogo entre o Goberno Central e a Xunta de Galicia.
5º.- Instar a Xunta de Galicia a solicitar do Goberno do Estado a activación da Comisión de Transferencias co obxecto de iniciar o procedemento para o traspaso das competencias pendentes a Galicia, nomeadamente e tal e como se acordou polo pleno do Parlamento no mes de marzo, a xestión do dominio público marítimo-terrestre e a ordenación do sector pesqueiro e de investigación oceanográfico.”
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2021
María Montserrat Prado Cores
Vicepresidenta 2.ª