saltar ao contido

Acordos da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, celebrada o 7 de xullo de 2021

A Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, na súa sesión do 7 de xullo de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control económico e orzamentario
Consello de Contas. Informe de fiscalización das eleccións
 
Aprobación das propostas
 
- 16288 (11/IFIS-000002)
Consello de Contas
Informe de fiscalización das contabilidades electorais das eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020
BOPG n.º 144, do 26.05.2021
 

Resolución núm. 1
Apróbase o Informe de Fiscalización das contabilidades electorais correspondente ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020.
 
Resolución núm. 2
O Parlamento de Galicia, tras o avance que supuxo a elaboración dunha instrución cos criterios técnicos a seguir na fiscalización das contabilidades electorais, insta ao Consello de Contas a adiantar a súa publicación a antes do inicio da campaña.
 

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2021
 
María Montserrat Prado Cores
Vicepresidenta 2.ª
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina