• Mantéñense denominacións xa consolidadas, como Salón dos Reis ou Sala do Estatuto, xunto a outras que honrarán a memoria de persoeiros ilustres
• O acordo foi adoptado pola Mesa da Cámara na reunión do pasado 27 de xullo
Santiago, 28 de xullo de 2021.- As diferentes salas de reunións do Parlamento de Galicia levarán o nome de persoeiros ilustres da cultura e a historia galegas segundo o acordo adoptado onte, martes, pola Mesa da Cámara.
Con esta decisión, mantéñense denominacións significativas que se veñen utilizando, nalgún caso, desde hai décadas –como Salón dos Reis, Sala do Estatuto, Sala Rosalía ou Sala das Letras Galegas-, ao tempo que se introducen nomes de personalidades como Otero Pedrayo, Castelao, Concepción Arenal, Pardo Bazán, Domingo Fontán ou Isabel Zendal, entre outras.
A idea de redenominar as salas de reunións do Parlamento vense madurando desde a pasada Lexislatura, cando se trasladou un primeiro borrador aos grupos parlamentarios na procura do seu parecer e propostas alternativas que, nalgún caso, foron incorporadas ao acordo final.
A colocación dos carteis identificativos efectuarase durante o mes de agosto, de maneira que as novas denominacións podan empregarse con normalidade no segundo período de sesións, que comeza o próximo 1 de setembro.
Denominacion anterior/ Nova denominación
Sala de Comisión A / Sala Otero Pedrayo
Sala de Comisión D / Sala Concepción Arenal
Sala de Comisión F / Sala Domingo Fontán
Sala (saída tribuna público) / Sala Rosalía de Castro
Sala do Estatuto / Sala do Estatuto de Autonomía de Galicia
Sala das Letras Galegas / Sala das Letras Galegas
Sala de prensa / Sala de prensa
Sala Azul / Sala Mª Luz Morales Godoy
Biblioteca xeral / Biblioteca Xeración Nós
Biblioteca Carballo Calero / Biblioteca Carballo Calero / CarvalhoCalero
Sala de Ponencia 1 / Sala Emilia Pardo Bazán
Sala de Ponencia 2 / Sala Isabel Zendal
Sala da Mesa / Sala Castelao
Sala Xunta de Portavoces / Sala Antonio Rosón
Salón dos Reis / Salón dos Reis
Sala de Exposicións / Sala do Rexurdimento
Saúdos, Gabinete de Comunicación.