saltar ao contido

O Consello de Contas entrega ao Parlamento a memoria anual de 2020, os informes de fiscalización xerais referidos a 2019 e os informes específicos

 

• O Consello de Contas de Galicia presentou a súa Memoria correspondente ao ano 2020 e 9 informes de fiscalización

• Estes informes engádense aos catro presentados o pasado mes de maio, de forma que ata a data téñense presentados un total de 13

• A Conta Xeral da Comunidade Autónoma reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2019

• Preto do 95% das entidades locais de Galicia remitiron as súas contas referidas a 2019

Santiago de Compostela, 30 xullo de 2021.-  O conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, José Antonio Redondo López, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, a memoria e as contas correspondentes ao ano 2020 e os seguintes informes  que se atopan na páxina web do Consello:

Informes xerais:

• Informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, exercicio 2019, que inclúe a Declaración definitiva sobre o seu exame e comprobación

• Informe económico – financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2019

• Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2019

• Informe de fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, exercicio 2019

• Informe de fiscalización dos fondos procedentes da Unión Europea, exercicio 2019

Informes específicos:

• Informe de fiscalización da execución da contratación do Sergas. Exercicios 2012-2017

• Informe de fiscalización selectiva do Concello de Verín. Exercicio 2018

• Informe sobre a contratación do sector local de Galicia. Exercicio 2018

A esta remisión engádese a realizada o 27 de maio deste ano, dos seguintes informes específicos:

• Informe de fiscalización selectiva do Concello de Padrón. Exercicios 2015-2017

• Informe de fiscalización selectiva do Concello de Vigo. Exercicio 2018

• Informe de fiscalización selectiva da Deputación de Ourense. Exercicio 2018

• Informe sobre a contratación do sector local de Galicia. Exercicio 2017

Memoria de actividades 2020

A memoria de actividades inclúe información sobre a actividade de fiscalización, de prevención da corrupción e consultiva, e recolle a información estatística sobre os seguimento das recomendacións efectuadas ao sector público autonómico e local.

Declaración definitiva da Conta Xeral da Comunidade Autónoma 2019

O informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma contén a opinión sobre a representatividade xeral dos estados contables da Administración xeral, o Sergas e as demais entidades instrumentais autonómicas, declarando que dita conta reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2019, presentando determinadas deficiencias e limitacións que se sinalan nos respectivos informes de fiscalización.

Rendición das entidades locais

A data de peche do informe (abril 2021) do total de entidades locais de Galicia, o 95,00% remitiron as súas contas referidas a 2019 ao Consello de Contas, considerándose rendidas sen defectos o 91,39%, o que supón un mellor comportamento no cumprimento do deber de rendición da conta xeral. Das contas rendidas, as correspondentes a 47 entidades foron remitidas fóra de prazo (13,06%), a pesar da ampliación do prazo legal de rendición ata o 22 de xaneiro de 2021, no marco das medidas adoptadas como consecuencia da pandemia derivada da Covid-19.

Cabe destacar que as entidades locais galegas presentan un índice medio de execución do orzamento de ingresos do 70,64% e do 69,43% do orzamento de gastos.

Toda a información relativa á rendición de contas está dispoñible na web do Consello de Contas, na que se poñen a disposición dos usuarios distintos filtros.

Informes específicos

Nos informes de carácter específico cabe destacar, ademais dos referidos ao ámbito do sector público local, o informe sobre a execución da contratación do Sergas.


Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina