saltar ao contido

As participantes no “Reto Pelayo Vida” visitan o Parlamento de Galicia

 

• A expedición, protagonizada por 5 mulleres que superaron un cancro de mama, partirá de Vigo cara o Círculo Polar Ártico para concienciar sobre a importancia da investigación, a detección precoz e os hábitos de vida saudable

Santiago, 7 de setembro de 2021.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía no seu despacho da Cámara ás participantes na 7ª edición do “Reto Pelayo Vida contra o cancro na muller. 
 
Trátase de cinco mulleres que superaron un cancro de mama e que tentarán alcanzar o Círculo Polar Ártico en barco para concienciar ás institucións e á sociedade en xeral sobre a importancia da investigación, a detección precoz e os hábitos de vida saudable. A primeira edición deste proxecto deportivo de sensibilización desenvolveuse no ano 2015.
 
A expedición zarpará do porto de Vigo o vindeiro 10 de setembro.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina