A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 8 de setembro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 16456 (11/PNC-001664)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para retomar os traballos de elaboración do plan de dinamización e impulso da lectura en Galicia
BOPG n.º 147, do 02.06.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a retomar os traballos de elaboración do Plan de dinamización e impulso da lectura en Galicia o antes posible”.