saltar ao contido

Acordo da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 21 de setembro de 2021

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 21 de
setembro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación da iniciativa
 
- 20727 (11/PNC-001970)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa práctica da pesca recreativa nos portos galegos
BOPG n.º 196, do 08.09.2021
 
Sométese a votación por puntos o texto transaccionado co resultado seguinte:
 
Punto 1.: aprobado por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
punto 2.: aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes
 
Punto 3: (punto 3 da emenda do GP. do Bloque Nacionalista Galego doc. núm. 22241) rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a revisar a resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se levanta a prohibición vixente sobre a práctica recreativa nos portos galegos, coa intención de dar resposta ao acordo por consenso dos grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia, centrándose fundamentalmente en:
 
1.- Flexibilizar as zonas permitidas para a práctica da pesca recreativa, tratando de obter una solución que maximice as posibilidades dentro da compatibilidade de usos para todas as actividades.
 
2.- Ampliar o número de menores a cargo que un adulto pode ter durante a práctica de pesca recreativa nos portos de Galicia."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina