saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 22 de setembro de 2021

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 22 de setembro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 14527 (11/PNC-001484)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da demanda do Goberno galego ao Goberno central da representación da Administración pública galega na Comisión nacional para a conmemoración do 50º aniversario do pasamento de Pablo Picaso
BOPG n.º 130, do 28.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia acorda pronunciarse a favor de que a Xunta de Galicia demande ao Goberno do Estado que a Administración Autónoma galega estea representada na Comisión nacional para a conmemoración do 50º Aniversario do pasamento de Pablo Picasso; e insta a Xunta a que organice unha programación axeitada para este cabodano, en colaboración con entidades públicas e privadas implicadas nesta celebración."
 
- 19503 (11/PNC-001877)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo do Goberno galego para ofertar os estudos do bacharelato de Artes en Redondela antes do curso 2022/2023
BOPG n.º 179, do 03.08.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a implantar o bacharelato de artes en Redondela, cando se acredite a existencia de demanda suficiente de solicitudes de matrícula a través do proceso ordinario de preinscripción."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina