saltar ao contido

Sete novos deputados e deputadas toman posesión dos seus escanos no Parlamento de Galicia

 

Santiago, 28 de setembro de 2021.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de sete novos deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular, que acceden aos seus escanos logo de que igual número de conselleiras e conselleiras renunciasen recentemente ás súas actas.
 
Deste xeito, xuraron ou prometeron como deputados da Cámara, pola circunscrición electoral da Coruña, Adrián Pardo López (en substitución de Fabiola García Martínez; María Begoña Freire Vázquez (substitúe a María Ángeles Vázquez Mejuto); Rosalía López Sánchez (en substitución de Rosa María Quintana Carballo); e Jesús Miguel Prado Patiño (que cobre a vacante causada pola baixa de Ethel María Vázquez Mourelle).
 
Pola circunscrición de Ourense tomou posesión Carlos Gómez Salgado (que substitúe a José González Vázquez).
 
Xa pola provincia de Pontevedra tomaron posesión Moisés Rodríguez Pérez (que cobre a vacante de Román Rodríguez González), e Belén Cachafeiro Anta (en substitución de Valeriano Martínez García).
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina