saltar ao contido

Convocatoria do Debate anual sobre política xeral previsto para o 13 de outubro de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 13 de outubro de 2021, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de outubro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto único. Debate anual sobre política xeral: Comparecencia do Sr. presidente da Xunta de Galicia, para informar e debater respecto da situación política da Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 21623,  11/DEBA-000001)

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.
 
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2021
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina