saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 20 de outubro de 2021


A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 20 de outubro de 2021, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 22734 (11/PNC-002143)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 10 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ante o Goberno de España para a activación de medidas en favor da industria electrointensiva
BOPG n.º 210, do 06.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a activación urxente das medidas pendentes en favor da industria electrointensiva para garantir a súa viabilidade presente e futura, nomeadamente as seguintes:
 
1) Incrementar o orzamento destinado ás subvencións relativas ao mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases efecto invernadoiro á contía máxima permitida pola Unión Europea (25 % dos ingresos obtidos nas poxas de CO2), polo que esta partida podería chegar aos 310 millóns de euros.
 
2) Activar o Fondo Español de Reserva para Garantías de Entidades Electrointensivas para a cobertura dos riscos derivados de operacións de compravenda a medio e longo prazo de subministración de enerxía eléctrica (PPA) entre consumidores de enerxía eléctrica que teñan a condición de electrointensivos, a través do CESCE.
 
3) Convocar de modo inmediato as poxas de electricidade de orixe renovable para a adquisición por parte dos consumidores electrointensivos
 
4) Establecer mecanismos de xestión da demanda que permitan ofrecer flexibilidade ao sistema eléctrico o que, á súa vez, servirá para reducir o custo eléctrico final.
 
5) Proceder á intervención pública na factoría de Alcoa en San Cibrao, inicialmente de forma transitoria e a través da SEPI, coa fin de asegurar o mantemento do emprego e da actividade industrial e facilitar a súa posterior venda a un inversor privado que garanta un proxecto industrial viable."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 23007 (11/PNC-002164)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e 3 máis
Sobre a adopción por parte da Xunta de Galicia de medidas de apoio ao persoal afectado polo pechamento da factoría de Vestas, en Viveiro, e a realización dun plan de reindustrialización para a Mariña lucense
BOPG n.º 210, do 06.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia adoptar todas as medidas de apoio aos traballadores e traballadoras afectadas polo anuncio de peche da factoría de Vestas en Chavín (Viveiro) e para as súas familias."
 
- 23021 (11/PNC-002166)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para impulsar o sector industrial e empresarial na comarca da Mariña lucense
BOPG n.º 210, do 06.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a realizar as medidas necesarias para garantir o mantemento dos postos de traballo na factoría de Vestas en Viveiro."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina