A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 23 de novembro de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 16 de novembro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Texto Lexislativo
Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da Proposición de lei de reforma da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (doc. núm. 16419, 11/PPL-000007)
Publicación do ditame da Comisión, BOPG n.º 227, do 16.11.2021
Publicación do mantemento de emendas, BOPG nº 227, do 16.11.2021
Punto 2. Comparecencia
24966 (11/CPP-000067)
Da conselleira de Emprego e Igualdade, por petición propia, para facer balance das medidas e accións levadas a cabo en materia de emprego e igualdade durante este último ano e as previsións para o ano 2022
Punto 3. Mocións
3.1 24868 (11/MOC-000067)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de atención primaria sanitaria, (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm 16641 [11/INT-000961], publicada no BOPG núm. 147, do 2 de xuño de 2021, e debatida na sesión plenaria do 9 de novembro de 2021)
3.2 24876 (11/MOC-000068)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos
Sobre a política do Goberno galego respecto dos índices de pobreza existentes en Galicia (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 23517 [11/INT-001241], publicada no BOPG núm. 216, do 21 de outubro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 9 de novembro de 2021)
3.3 24877 (11/MOC-000069)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma
Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de tratamento e xestión de residuos sólidos urbanos (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 20889 [11/INT-001132], publicada no BOPG núm. 196, do 8 de setembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 9 de novembro de 2021)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 17318 (11/PNP-001693)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para loitar de maneira urxente contra a violencia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 158, do 23.06.2021
4.2 17352 (11/PNP-001699)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos, respecto dos servizos de información e atención a mulleres en situación de violencia machista
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 158, do 23.06.2021
4.3 21639 (11/PNP-001967)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e Queixas Zas, Mercedes
Sobre as xestións que debe realizar a Xunta de Galicia para a protección das brañas do Deo, ao longo dos concellos de Aranga, Oza-Cesuras e Curtis, e a súa inclusión na Rede Natura
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 202, do 22.09.2021
4.4 24276 (11/PNP-002180)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a necesidade de abrir un centro residencial para a atención de menores en situación de dificultade social e con problemas de conduta
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 224, do 10.11.2021
4.5 24322 (11/PNP-002186)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia no sector do comercio interior
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 224, do 10.11.2021
4.6 24337 (11/PNP-002188)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 13 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co sector lácteo
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 224, do 10.11.2021
Punto 5. Interpelacións
5.1 16842 (11/INT-000975)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre a política do Goberno galego respecto do sector da carne de vacún
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 152, do 09.06.2021
5.2 23473 (11/INT-001238)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa situación do idioma galego no ensino
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 213, do 15.10.2021
5.3 24211 (11/INT-001264)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a situación económica do sector lácteo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 224, do 10.11.2021
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
6.1 24979 (11/POPX-000047)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre as previsións do presidente da Xunta en relación co impulso dunha actualización do Estatuto de Autonomía de Galicia en canto pasen as peores fases da pandemia
6.2 24980 (11/POPX-000048)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre o malestar crecente que expresa a cidadanía galega nas rúas
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 24946 (11/PUP-000216)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto dos problemas nos xulgados de violencia de xénero
7.2 24028 (11/POP-003439)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e 2 máis
Sobre a posta en marcha dun plan de industrialización e emprego para a comarca da Mariña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 220, do 03.11.2021
7.3 24454 (11/POP-003483)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, María do Carme e 2 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto do incremento do crédito orzamentario no ano 2022 para as subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 224, do 10.11.2021
7.4 24360 (11/POP-003473)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e 2 máis
Sobre a nova planta de residuos prevista para instalar no concello de Riotorto
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 224, do 10.11.2021
7.5 24937 (11/PUP-000214)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e 6 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto da pretensión do Goberno central de establecer o pago por uso das autovías
7.6 18932 (11/POP-002594)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre os traballos e os programas que se están a desenvolver nas bibliotecas escolares galegas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 183, do 09.08.2021
7.7 20712 (11/POP-003145)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre a situación da formación profesional en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 196, do 08.09.2021
7.8 23902 (11/POP-003427)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre os dereitos educativos da mocidade interna no Centro de Menores Santo Anxo de Rábade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 218, do 28.10.2021
7.9 24941 (11/PUP-000215)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes
Sobre as medidas da Xunta para reparar a discriminación das persoas xordas no seu acceso a unha educación inclusiva
7.10 22055 (11/POP-003256)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e 2 máis
Sobre a sentenza condenatoria ao Servizo Galego de Saúde pola denegación da prestación sanitaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206, do 29.09.2021
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2021
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente