saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 26 de novembro de 2021


A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 26 de novembro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 24516 (11/PNC-002295)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para presentar recurso contra a decisión do Instituto Xeográfico Nacional respecto da oficialización do topónimo "Ría del Eo"
BOPG n.º 228, do 17.11.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a liderar o proceso de recurso da decisión do Instituto Geográfico Nacional defendendo o topónimo "Ría de Ribadeo" e persoándose como parte interesada xunto ás demais administracións públicas e plataformas cidadás."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina